Cara B
Radio Galega
Cara B é un programa sobre música. Ou, máis concretamente, sobre as pequenas grandes anécdotas que enchen a historia da música. Polo xeral, todo o mundo coñece as grandes lendas, os grandes relatos, as grandes historias que a miúdo se contan sobre os músicos máis afamados, sobre os cantantes máis célebres, sobre os discos máis vendidos. Pero as páxinas da historia da música tamén contan con letra pequena. Con momentos únicos que, ocultos entre os demais, adoitan pasar desapercibidos para o gran público, pero que constitúen relatos apaixonantes que tamén merecen ser contados. A historia da música constrúese cos episodios máis coñecidos da vida dos grandes expoñentes dos diferentes xéneros musicais, coa crónica da gravación dos mellores álbums ou dos concertos máis multitudinarios na carreira dun músico, coa análise da evolución da escena musical dun determinado lugar ó longo do tempo. Pero tamén está feita de datas secretas, de sucesos clave dos que moi poucas veces se fala, de moment